Falar da beleza actualmente é como entrar nun dique seco. Existe mais non é plenamente. A beleza non é a fermosura, nin sequera as partes simétricas e acordes. A beleza é unha sorte de provocación dos sentidos adormecidos. A beleza do sentir e do pracer de ver. A beleza por riba das ideas. A beleza como condutora das metáforas. O belo non é útil posiblemente máis de certo é necesaria. A escena é...
HABITAR O TEMPO OU HABITAR O ESPAZO?
Cada secuencia ten un tempo específico, un tempo semellante a un metrónomo invisible cheo de pulsacións indeterminadas e indefinidas. Unha nota segue a outra nota contenendo en ´si mesma a proporción, o contido e a potencialidade. A agulla de marcar é o intuitivo, esa conexión latente. Interpretar non é apoderarse ou incorporar, é despoxarse, valeirarse, facer que resoe nun o eco desas notas. O...
O PUNTO DE VISTA: a presenza do outro
Que é un punto de vista? É realmente aquela visión única e irrepetible que ten cada un de nós sobre algo, sexa situación, pensamento ou suceso. Pero existe o punto de vista na comunicación en vivo, ante outro que observa e tamén ten opinión? Si, pero é un punto de vista cara ao que observa, que o fai participar, que lle da un instante de pensamento e comprensión máis aló da comunicación realista...
QUE IMPLICA DIRIXIR?
Mais aló da idea do que queramos transmitir, mais aló da calidade do noso traballo, dirixir non é un acto de poder, é una obriga, a obriga de decidir.
O ICEBERG
Na tradición están os fíos do coñecemento presente, así que teño que viaxar ate Zeami e a súa regra das tres décimas partes da acción do actor deben desenvolverse no espazo e sete décimas partes no tempo. Pero esta regra da acción é moito máis profunda do que pode semellar a primeira vista. Imaxinemos de repente que un actor colle unha copa na escena. Segundo a idea de Zeami, e por extensión de...
É POSIBLE ENSINAR A DIRIXIR?
Rotundamente non, do mesmo xeito que non é posible ensinar nada, tan só o aprendizaxe é individual. O feito mesmo de tentar ser mestre xa non é indicio desto. Isto é intrínseco á mesma natureza do aprendizaxe. O único mestre posible é a apertura ao exterior e a aprehensión do externo. Sen experiencia persoal non pode existir ensinanza externa. Eu poderíache ensinar o que sei da dirección nunhas...
O DIRECTOR E O EXPLORADOR
Só podes estar preparado. Nunca podes saber nada antes de que suceda. Intentar saber cal é o territorio antes de exploralo é falar dende a palabra non dende o sentido mesmo que ela transporta. Unha mesma palabra é un esqueleto no que se conforma a nova pel unha e outra vez. Só podes estar preparada para escoitala plenamente. Un ensaio é a provocación do mundo, non plasmar o mundo que tes. Ter ese...
ACCESOS
É evidente que un atleta necesita o adestramento continuo para o seu desenvolvemento continuo, máis a gran diferenza entre o atleta, deportista e a actriz é o feito mesmo do xogo. Un futbolista pode adestrar constantemente as situación específicas do seu xogo: faltas, penaltis, paredes, contraataques, defensa, disparos… pero todas as situacións para un actor son diferentes en cada obra, en cada...
PUNTO ZERO
É pertinente o teatro? Asisto, convidado de pedra, á unificación da nosa arte, unha reunificación de todos os medios artísticos: son, imaxe, forma e participación. Claramente debúxase unha arte integrada, un espazo do común cuxo final novamente vove a ser achegarse ao misterio da Unidade. A arte, xa non é unha palabra de museo, é actitude, ética, cotiá e, a maior parte das veces, heroica. Onde...