AutorXavier Castiñeira

Falar dun mesmo é algo así como pedirlle a un espello que te explique quen es. Mais se tivese que dicir quen son imaxino que son un punto fixo en constante movemento. Mais seguramente non sexa tan importante falar de min como destas INTERFERENCIAS destes pequenos pensamentos que non teñen por finalidade converterse en dogma ou teoría. Son tan só iso, pequenas interferencias que están escritas dende a miña experiencia, persoal e intransferible e que en ningún caso poden converterse en punto de chegada senón de reflexión no intre en que foron escritas. Esperemos que estas Interferencias sexan simplemente unha convicción que non dure máis que o necesario para impulsar outras novas.

A BELEZA E O CONFRONTADO

A

Falar da beleza actualmente é como entrar nun dique seco. Existe mais non é plenamente. A beleza non é a fermosura, nin sequera as partes simétricas e acordes. A beleza é unha sorte de provocación dos sentidos adormecidos. A beleza do sentir e do pracer de ver. A beleza por riba das ideas. A beleza como condutora das metáforas. O belo non é útil posiblemente máis de certo é necesaria. A escena é...

HABITAR O TEMPO OU HABITAR O ESPAZO?

H

Cada secuencia ten un tempo específico, un tempo semellante a un metrónomo invisible cheo de pulsacións indeterminadas e indefinidas. Unha nota segue a outra nota contenendo en ´si mesma a proporción, o contido e a potencialidade. A agulla de marcar é o intuitivo, esa conexión latente. Interpretar non é apoderarse ou incorporar, é despoxarse, valeirarse, facer que resoe nun o eco desas notas. O...

O PUNTO DE VISTA: a presenza do outro

O

Que é un punto de vista? É realmente aquela visión única e irrepetible que ten cada un de nós sobre algo, sexa situación, pensamento ou suceso. Pero existe o punto de vista na comunicación en vivo, ante outro que observa e tamén ten opinión? Si, pero é un punto de vista cara ao que observa, que o fai participar, que lle da un instante de pensamento e comprensión máis aló da comunicación realista...

O ICEBERG

O

Na tradición están os fíos do coñecemento presente, así que teño que viaxar ate Zeami e a súa regra das tres décimas partes da acción do actor deben desenvolverse no espazo e sete décimas partes no tempo. Pero esta regra da acción é moito máis profunda do que pode semellar a primeira vista. Imaxinemos de repente que un actor colle unha copa na escena. Segundo a idea de Zeami, e por extensión de...

É POSIBLE ENSINAR A DIRIXIR?

É

Rotundamente non, do mesmo xeito que non é posible ensinar nada, tan só o aprendizaxe é individual. O feito mesmo de tentar ser mestre xa non é indicio desto. Isto é intrínseco á mesma natureza do aprendizaxe. O único mestre posible é a apertura ao exterior e a aprehensión do externo. Sen experiencia persoal non pode existir ensinanza externa. Eu poderíache ensinar o que sei da dirección nunhas...

O DIRECTOR E O EXPLORADOR

O

Só podes estar preparado. Nunca podes saber nada antes de que suceda. Intentar saber cal é o territorio antes de exploralo é falar dende a palabra non dende o sentido mesmo que ela transporta. Unha mesma palabra é un esqueleto no que se conforma a nova pel unha e outra vez. Só podes estar preparada para escoitala plenamente. Un ensaio é a provocación do mundo, non plasmar o mundo que tes. Ter ese...

ACCESOS

A

É evidente que un atleta necesita o adestramento continuo para o seu desenvolvemento continuo, máis a gran diferenza entre o atleta, deportista e a actriz é o feito mesmo do xogo. Un futbolista pode adestrar constantemente as situación específicas do seu xogo: faltas, penaltis, paredes, contraataques, defensa, disparos… pero todas as situacións para un actor son diferentes en cada obra, en cada...

PUNTO ZERO

P

É pertinente o teatro? Asisto, convidado de pedra, á unificación da nosa arte, unha reunificación de todos os medios artísticos: son, imaxe, forma e participación. Claramente debúxase unha arte integrada, un espazo do común cuxo final novamente vove a ser achegarse ao misterio da Unidade. A arte, xa non é unha palabra de museo, é  actitude, ética, cotiá e, a maior parte das veces, heroica. Onde...