HABITAR O TEMPO OU HABITAR O ESPAZO?

H

Cada secuencia ten un tempo específico, un tempo semellante a un metrónomo invisible cheo de pulsacións indeterminadas e indefinidas. Unha nota segue a outra nota contenendo en ´si mesma a proporción, o contido e a potencialidade. A agulla de marcar é o intuitivo, esa conexión latente.

Interpretar non é apoderarse ou incorporar, é despoxarse, valeirarse, facer que resoe nun o eco desas notas.

O entrenamento do actor consiste en valorar ese gran tronco material para ir atopando ese espazo de resonancia, semellante ao que fai o lutier cos seus instrumentos. Novamente o paradoxo: como valeirarse a un mesmo sendo mestre o alumno? Nese valeirar atopamos a individualidade alonxada dun concepto tan clautrofóbico como é a orixinalidade.

Despoxarse para revelar. Confiar en saber interpretar a música, esa música presente nas palabras, acción, silencios… Develar o invisible, non o contido senon aquilo que está por debaixo das mesmas, eses fíoso invisibles do actor coa colaboración da enerxía do observador e todos os outros elementos develan esa música interna.

Cal é o papel do director?

  • Obriga a descubrir o invisible
  • Afina o sentido do equipo
  • Plantexa as regras de xogo
  • Facer darse conta de cada ritmo ao actor
  • Darlle sentido final
  • Saber esperar. Provocar.
  • Respetar

Toda tarefa do director consiste en crear as mellores condicións para xenerar o encontró (sincronía)

Sobre o autor

Xavier Castiñeira

Falar dun mesmo é algo así como pedirlle a un espello que te explique quen es. Mais se tivese que dicir quen son imaxino que son un punto fixo en constante movemento. Mais seguramente non sexa tan importante falar de min como destas INTERFERENCIAS destes pequenos pensamentos que non teñen por finalidade converterse en dogma ou teoría. Son tan só iso, pequenas interferencias que están escritas dende a miña experiencia, persoal e intransferible e que en ningún caso poden converterse en punto de chegada senón de reflexión no intre en que foron escritas.
Esperemos que estas Interferencias sexan simplemente unha convicción que non dure máis que o necesario para impulsar outras novas.

Deixa a túa interferencia

Send this to a friend