PUNTO ZERO

P

É pertinente o teatro?

Asisto, convidado de pedra, á unificación da nosa arte, unha reunificación de todos os medios artísticos: son, imaxe, forma e participación. Claramente debúxase unha arte integrada, un espazo do común cuxo final novamente vove a ser achegarse ao misterio da Unidade. A arte, xa non é unha palabra de museo, é  actitude, ética, cotiá e, a maior parte das veces, heroica.

Onde vai o teatro?

O teatro diluíuse nos límites da interpretación. non me importa o teatro como feito artístico individual, como un acontecemento centrado nun determinado lugar, espazo e tempo cunhas características academicamente reconocibles para movernos dentro da comodidade dos establecido. O teatro desaparece a favor da interpretación. Pero iso é o importante; ao desaparecer a forma, atopamos a esencia, un teatro sen teatro dentro doutros campos: performance, accciones, videoxogos, animacións virtuais con modelos de actores e actrices… Todos eles teñen o selo do humano. Quen avoga polo mantemento dunha forma, adoita esquecerse en grao sumo esencial desa arte: a súa natureza.

Pensar no teatro como na representación teatral non me importa ren. A miña preocupación é crear un instrumento flexible (o actor) no desenvolvemento da arte. Máis que unha pintura interésanme os pinceis. O meu século anterior, o século XX, é o paso ao utilitarismo da arte. Calquera pode facer arte independentemente do medio, o que importa é a actitude cara á mesma creación. O actor, tense que volver un ser flexible, un coñecedor do instrumento do seu traballo. Non me importa dar unha definición de teatro, impórtame coñecer a natureza mesma do proceso que é a representación (a expresión que fai un ser humano para outros, e non ante outros) Non me esquezo dun elemento que ten fórma_Teatro, a súa expresión nun mesmo espazo ante un espectador: a súa natureza de comunidade e sincronía. Iso é outro aspecto do meu traballo, pero non necesariamente o único. A interpretación, é dicir, o xogo da actriz-comunicativa, é realmente o importante neste traballo. Como potenciamos ese elemento comunicador? Que debe adestrar o actor para lograr esa comunicación? Cales son os elementos que “move” unha actriz para lograr esa expresión?…, é dicir, Cal é a gramática necesaria para esta comunicación? Cal é ese punto zero do noso oficio?

Sobre o autor

Xavier Castiñeira

Falar dun mesmo é algo así como pedirlle a un espello que te explique quen es. Mais se tivese que dicir quen son imaxino que son un punto fixo en constante movemento. Mais seguramente non sexa tan importante falar de min como destas INTERFERENCIAS destes pequenos pensamentos que non teñen por finalidade converterse en dogma ou teoría. Son tan só iso, pequenas interferencias que están escritas dende a miña experiencia, persoal e intransferible e que en ningún caso poden converterse en punto de chegada senón de reflexión no intre en que foron escritas.
Esperemos que estas Interferencias sexan simplemente unha convicción que non dure máis que o necesario para impulsar outras novas.

Deixa a túa interferencia

Send this to a friend